Deputación e concellos reúnense para avanzar no Plan de Compostaxe

PONTEVEDRA> Gran acollida e prazos que se acurtan. O vicepresidente da Deputación reuníase esta mañá cos técnicos dos concellos da provincia para tratar con eles as bases da instalación de 800 composteiros comunitarios que xa estarán dispoñibles no primeiro trimestre do 2016.

 

Acompañado dos asesores do Plan de Compostaxe da Deputación, César Mosquera participaba esta mañá nunha reunión cos técnicos dos concellos interesados na instalación de composteiros comunitarios que, ante a gran demanda e co obxectivo de situalos na mellor zona posible, serán adxudicados por unha suma de puntos.

Ata 800 centros de compostaxe comunais cunha capacidade para tratar os residuos de entre 60 e 300 veciños que serán xestionados polos mestres composteiros que a propia Deputación está formando ata que os veciños sexan quen de facelo sos. O prazo para presentar as solicitudes por parte dos concellos serán dun mes dende a publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia e será o paso previo á instalación das unidades modulares que chegan antes do previsto.

Os técnicos quixeron aproveitar para presentarlle hoxe todas as súas dúbidas e puideron ver as posibilidades que abre o proxecto en termos de tratamento de residuos de maior escala como aqueles que proveñen da viticultura ou o marisqueo. Os asesores do Plan seguirán reuníndose cos Concellos un por un para coñecer a súa situación particular. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/05/composteiros.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/05/composteiros.mp4{/flowplayer}