Máis vale previr que curar. Tamén en Internet

PONTEVEDRA> A Policía Nacional de Pontevedra desprazouse este mércores ata o colexio “As Doroteas” en Pontevedra para facer unha charla coloquio cos alumnos de 2º da ESO sobre os riscos que ten a rede.

 

Que a pre-adolescencia é unha idade complexa non pilla por sorpresa a ninguén, pero si a esta premisa lle sumamos un mal uso das redes sociais, ou a gran cantidade de información disponible na rede sen ningún tipo de filtro o problema é maior… por iso centros educativos como o de “As Doroteas” en Pontevedra se sumou a unha iniciativa da Comisaría de Policía de Pontevedra para falar dos diferentes tipos de acosos existentes na rede… 

Juan Carlos Carrera é o responsable de participación cidadá na Comisaría de Pontevedra e en parte un dos encargados de explicarlle os rapaces os diferentes tipos de acosos e as súas implicacións legais. 

Unha iniciativa da Policía Nacional, ca que ademáis se pode concienciar os mozos do perxudicial de algunhas actuacións…

Pero de pouco valen estes esforzos para educar as novas xeracións se non se consegue a colaboración dos país…

Cada vez son máis as charlas que tratan temas como o ciber acoso, xa que a sociedade está cada vez máis preocupada por previr este tipo de situacións. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/02/charla_seguridade_internet.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/02/charla_seguridade_internet.mp4{/flowplayer}