Recoñecen o labor de Tino Lores a prol do Camiño Portugués converténdoo nunha das súas ‘estrelas’

PONTEVEDRA> A mostra ‘Las Estrellas del Camino’ deixou a súa pegada en Pontevedra. Unha das vivendas da rúa Gorgullón, en plena ruta Xacobea, está decorada coa imaxe do principal valedor do Camiño Portugués e o artífice do seu rexurdimento: Tino Lores. Forma parte dunha serie de murais que buscan amosar o lado máis humano do Camiño a Santiago.

É a cara máis coñecida do Camiño Portugués a Santiago. Tamén o seu principal valedor. Un papel que agora se lle agradece cun gran mural que decora a fachada dunha vivenda da rúa Gorgullón, en Pontevedra, en plena ruta Xacobea.

A principios dos 90, Tino Lores apostou por revivir o Camiño Portugués. Dende entón comezou un periplo para devolverlle unha vitalidade que hoxe en día está nuns niveis inimaxinables: ata o 30 de xuño, 43.000 peregrinos retiraron a Compostela tras percorrer esta ruta.

A obra enmárcase na iniciativa ‘Las Estrellas del Camino’, impulsada por Estrella Galicia. Con ela, búscase amostar o factor humano do Camiño de Santiago. No Portugués hai muráis en nove das dez etapas.

Cada unha das pezas está acompañada dun código QR. Co seu móbil os peregrinos poden acceder a toda a información sobre os protagonistas dos murais.

O mural que retrata a Tino Lores é obra do artista portugués Daniel Eime. Unha mostra clara de que Lores si é profeta na súa terra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí