Poio detecta seis puntos de vertido na praia de Raxó

POIO> O concello de Poio traballa para recuperar a calidade da auga na praia de Raxó. Técnicos municipais e da Xunta xa analizan o regato que desemboca no areal para detectar a procedencia da contaminación microbiolóxica detectada nas augas. Ata o de agora, detectáronse ata seis vivendas que estaban a verter directamente no regato.

 

A busca da orixe da contaminación da praia de Raxó comeza a dar os seus froitos. As análises do regato que desemboca no areal apuntan á existencia de ata seis puntos de vertido.

Técnicos do concello e da Xunta xa traballan para solucionar esta situación. O goberno local xa mandou realizar analíticas do regato en diferentes tramos para atopar outros vertidos que provocaran a contaminación microbiolóxica detectada polo goberno autonómico. Polo de momento son optimistas, e agardan solucionar a situación antes da Semana Santa.

Sobral explicou tamén que o concello non está a multar ás vivendas que estaban a provocar estes vertidos. Unicamente se lles está pedindo que poñan remedio a esta situación.

O consistorio tamén solicitou a Costas da reparación do tubo emisario que desemboca nas proximidades da praia, por se fora outro foco de contaminación.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/17/vertidos_praia_raxo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/17/vertidos_praia_raxo.mp4{/flowplayer}