Urxen a Poio a buscar unha localización para a depuradora

POIO> O Partido Popular de Poio apremia ao concello para que decida a localización da futura depuradora. O voceiro mantivo onte un encontro con representantes do sector do mar da zona na procura dun consenso que permita desbloquear a construción dunha instalación tan necesaria.

 

Partido Popular e representantes do sector do mar da zona de Poio queren dar un empurrón á construción da futura depuradora. 

Ao encontro de onte asistiron as confrarías de Raxó, Pontevedra e Lourizán e as súas asociacións de mariscadoras, ademais da asociación de mexiloneiros de Combarro e Raxó. Entre todos, buscan planificar unha estratexia para instar ao concello a buscar unha ubicación.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/04/pp_poio_depuradora.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/04/pp_poio_depuradora.mp4{/flowplayer}