O peques comezan a súa “volta ao cole”

Pontevedra> O alcalde de Pontevedra e a concelleira de Educación asistiron esta mañá, á xornada de portas abertas, que tiveron nesta xornada na rede de escolas infantís da cidade. Un novo curso académicos que chega como auga de maio para moitos pais e con algún choro para os máis pequenos da casa. Volver a comezar, as escolas infantís abriron hoxe as súas portas para celebrar unha xornada de portas abertas, familiares e pequenos puideron desfrutar dun día de xogo previo ao comezo oficial do curso que será mañá. Despois dun mes de vacacións os pequenos chegan…. E para os pais o inicio do curso chega, moitas veces, como auga de maio. O alcalde e a concelleira de Educación de Pontevedra visitaron esta mañá a Galiña Azul da Parda a máis grande de toda Galicia con 118 nenos e 20 profesoras. Unha escola onde este ano o concello acaba de crear un espazo de garda cadeiras de bebé e onde a concellería de Educación ten pensado humanizar a zona exterior. Algo moi demandado, esta humanización deste patio, polo centro, xa que contan con moito espazo exterior pero sen nada cuberto algo imprescindible para eles. A partir de mañá os pequenos de 0-3 anos comezan a súa particular volta ao cole na rede de Escolas Infantís da Galiña Azul. Os veteranos iniciarán mañá a súa volta as aulas a xornada completa e para os novos nisto do cole comezarán o seu periodo de adaptación o venres e así pouco a pouco ata que se acomoden as profes e os novos compañeiros do seu día a día.