A maioría dos parados son mulleres

PONTEVEDRA> Máis da metade dos desempregados de Pontevedra e Arousa son mulleres. O 2015 non trouxo boas novas para a muller non só é a máis desempregada senón tamén a que ocupa na súa maioría o desemprego de longa duración. Por concellos Ribadumia é un dos que ten unha das taxas de desemprego feminino máis altas cun 59,5% e Meaño un dos máis baixos 42’4%.

 

A pesar de que o número de mulleres afiliadas á Seguridade Social aumentou no 2015 un 2% na comarca de Pontevedra e un 2’2 na comarca de Arousa as mulleres continúan sendo as máis desempregadas. No caso da comarca pontevedresa un 53% das mulleres están no paro, un 54% se falamos do propio concello, e un 51’6 na comarca arousá que amosa grandes diferenzas en canto a concellos con Meaño cun 42’4, Cambados un 47’4, Vilagarcía un 54’1 ou a Illa cun 58’5%.

A maiores son elas as que tardan máis en saír dunha situación de desemprego.

No caso dos salarios e pola dificultade de mesturar os distintos sectores non se teñen datos xerais pero tan só se se fala das pensión pódese comprobar que as mulleres cobran entre un 24% menos na comarca de Arousa e un 30% menos na comarca de Pontevedra

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/07/uxt_pontevedra_muller.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/07/uxt_pontevedra_muller.mp4{/flowplayer}