Toño Nóvoa deixa a presidencia de Ámbar

    BARBANZA> A súa renuncia xa lle foi comunicada á asamblea da entidade o pasado vinte e sete de febreiro, aínda que a nova non se fixo pública ata a de agora. Nóvoa, que fora elixido presidente da entidade en xuño de 2015, aludiu a motivos persoais para a toma desta decisión. Ámbar xa conta cunha nova dirección presidida por Milagros Rey, unha das súas fundadoras e presidenta durante anos da entidade que atende a persoas con diversidade funcional. Ela tratará de dar continuidade a un dos proxectos agora en marcha ‘Ámbar 2.1, vivindo con alegría’. No seu traballo diario contará co mesmo grupo directivo anterior.