PONTEVEDRA> Máis de 4.000 deportistas de 54 países de todo o mundo competirán en Pontevedra no ITU Multisport Festival. Con estas cifras de participación e para que todo saia segundo o planeado é imprescindible o papel dos voluntarios. Medio millar de persoas axudarán no desenvolvemento dunha das probas máis importantes para a cidade.
Eles son a cara visible dos case 500 voluntarios que axudarán no desenvolvemento do ITU Multisport Festival. Medio millar de persoas procedentes de 14 países diferentes que axudarán a que o mundial de tríatlon sexa todo un éxito.
Os voluntarios estarán repartidos en cinco seccións diferentes. Apoio á dirección de carreira, protocolo e cerimonias, loxística e voluntariado, comunicación e prensa e secretaría e acreditacións.
Tras a fase de captación e de formación para todas as persoas que intervirán nesta proba, e co equipamento repartido, agora queda o máis importante.
Un equipo de xente fundamental que se deixará a pel en conseguir situar a Pontevedra como un referente mundial para que no futuro poida seguir acollendo probas deportivas tan importantes coma esta.