Dende o PP provincial piden á Deputación que cree unha liña de axudas para os concellos tralo temporal

Pontevedra> E co temporal político a pelota continúa de tellado en tellado. O PSOE responsabiliza á Xunta e dende o PP provincial fanno coa Deputación de Pontevedra. Para os populares a xestión do bipartido foi nefasta durante o temporal. Critican que o Parque de Maquinarias estivera sen funcionar e que esta administración non fose quen de establecer un dispositivo especial neses días. 

 

O Grupo Provincial do Partido Popular criticou esta mañá a nefasta actuación e a falta de previsión do Goberno da Deputación de Pontevedra durante o temporal. Segundo os populares o bipartito foi incapaz de establecer un dispositivo especial e poñer todos os seus recursos de apoio aos concellos da provincia co peche do parque de maquinarias a pesar das alertas que existían por fortes ventos e choivas. 

Tendo en conta os desperfectos ocasionados na provincia polo temporal dende o PP o que propoñen é que a Deputación cree unha liña específica e extraordinaria de axudas para achegar fondos aos concellos da provincial 

Dende as filas populares agardan que a Deputación de resposta e se deixen de criticar a outras administracións. O PP considera que dende o Pazo Provincial deben centrarse na axuda aos concellos da provincia. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/07/criticas_pp_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/07/criticas_pp.mp4{/flowplayer}