PONTEVEDRA> A comisión de investigación que o concello de Pontevedra fixo de maneira interna para esclarecer os supostos casos de “enchufes” na empresa concesionaria do servizo de limpezas Cespa…
remata cunha expedientación e posible sanción sobre á empresa por incomparecencia na citada comisión. Segundo explicou o voceiro do goberno local dita comisión atopou todo tipo de trabas por parte de Cespa a quen lle reclamaron a documentación técnica relativa aos contratos efectuados nos últimos cinco anos e a comparecencia do xefe de explotación de pontevedra. A empresa so lle enviou a documentación despois dunha segunda petición pero o responsable negouse a comparecer polo que o grupo de goberno interpretou que CESPA incumpliu unha das cláusulas do contrato que deriva en dúas faltas graves que poderían ascender a 12 mil euros de sanción.