A Xunta proxecta un novo edificio para ampliar o Carlos Oroza

PONTEVEDRA> En cuestión de meses, a Xunta de Galicia porá en marcha unha nova ampliación do Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza de Pontevedra. O proxecto contempla a construción dun terceiro edificio que permitirá ao centro dispoñer de cinco novas aulas e dun viveiro de empresas. O proxecto conta cun orzamento de 2,7 millóns de euros e ten un prazo de execución dun ano.

A Xunta de Galicia proxecta un terceiro edificio para o Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza.

O edificio permitirá habilitar cinco novas aulas, novos vestiarios e contará cun viveiro de empresas na planta baixa. O proxecto complétase coa reforma do edificio central, actuando nuns 550 metros cadrados da súa planta baixa.

Esta intervención completa a ampliación do centro. Xa nos anos 2016 e 2017 fixérase unha primeira fase, coa construción dun segundo edificio. Para o presidente da Xunta, o proxecto reafirma o compromiso do goberno coa Formación Profesional e co sector turístico.

O proxecto conta cun orzamento de 2,7 millóns de euros e a intención do goberno autonómico é licitalo de xeito inmediato, para que as obras poidan estar en marcha a finais deste ano ou principios do vindeiro. O prazo de execución é dun ano. Para axilizar a construción e facilitar que as obras se compaxinen coa actividade lectiva do centro, recurrirase a unha estrutura prefabricada para este novo edificio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí