A música de Tino Domínguez chega a “Pontevedra a 45 revolucións por minuto”

Pontevedra> O sexto edificio de Pontevedra acolleu a presentación de Pontevedra a 45 r.p.m. Un libro onde o músico e xornalista Tino Domínguez recompila as 14 reportaxes que escribiu durante o pasado ano no Diario de Pontevedra. Reportaxes todas elas centradas nos grupos que conformaron a escena da cidade entre os anos 1965 e 1972.

O Sexto Edificio foi o lugar escollido para presentar Pontevedra 45 r.p.m Unha parte da historia da Boa Vila que aínda estaba sen contar…

e é que neste libro o xornalista e músico Tino Domínguez recompila os reportaxes que escribiu no Diario de Pontevedra sobre os grupos que conformaron a escena da cidade entre os anos 1965 e 1972.

Trátase da historia dos primeiros grupos de rock and roll de Pontevedra, os primeiros en facer e ofrecer o seu directo, os primeiros en deixar pegada na cidade.

Un libro que ten como fin devolver e dignificar a historia dos grupos pioneiros do rock and roll na cidade.