As visitas cruzadas pechan a súa primeira edición cun éxito de participación

Pontevedra> Quico Cadaval e Iria Collazo foron os encargados de pechar a primeira edición das visitas cruzadas ao Museo de Pontevedra. Dende a Deputación fan un balance máis que positivo destes encontros que tiveron como fin, achegar a arte do museo dente outros puntos de vista. O Deputado da área de Cultura xa nos confirmou que está pensando na segunda edición. Quico Cadaval e Iria Collazo pecharon a primeira edición das visitas cruzadas. O dramaturgo levou ao seu terreo este percorrido onde realizou un especial fincapé do teatro de Castelao coa obra Os Vellos non deben de namorarse. Pola súa banda Iria Collazo fixo un paseo polo museo onde se centrou na figura das mulleres galegas como protagonistas das obras de arte. Estes dous guías por un día sentíronse encantados con esta experiencia. Con estas cuartas e derradeiras visitas cruzadas toca facer balance. O deputado da área de Cultura Xosé Leal dixo que xa está pensando na segunda edición desta iniciativa. O público asistente, unha vez máis, rematou estas visitas cruzadas abraiado, xa que din é unha maneira única de descubrir dende outro punto de vista o museo de Pontevedra. Os interesados en descubrir os tesouros deste museo poden facelo a través das visitas guiadas que realizan dende o gabinete didáctico.