Malestar pola suspensión da Festa da Raia

    SANXENXO> O portavoz do grupo municipal, do Partido Popular en Sanxenxo, Telmo Martín, convocou na mañá deste luns os medios de comunicación pra expresar o seu malestar ante o comunicado emitido polo concello, suspendendo a Festa da Raia de Portonovo, que se ía desenrolar nos vindeiros días. 

     

    A Festa da Raia de Portonovo non se celebrará este ano. Así o confirmou o concelleiro de Cultura de Sanxenxo, Roberto Carlos Agís, e apoiou a súa decisión na falta de participación dos veciños e comerciantes. 

    Unha situación que non sentou moi ben o ex alcalde de Sanxenxo, e actual portavoz do Partido Popular na vila, Telmo Martín.

    Unha falta de participación, que segundo o edil de cultura fai que goberno local non este disposto a investir cartos nun evento que non compensa a súa realización e que nin atrae a máis turistas.  Sen embargo para o grupo popular esta acción é un exemplo máis do desgoberno, que na súa opinión se está a vivir en Sanxenxo.

    Ademais o portavoz popular , Telmo Martín atribúe a suspensión da Festa da Raia a mala relación entre o edil de Cultura e o de Turismo.

    No seu último ano no goberno local, o PP destinou preto de 40.000 euros a este festexo. Unha cifra que se superou en anos anteriores, e que en palabras do consistorio, actualmente son inasumibles.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/07/telmo_festa_raia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/07/telmo_festa_raia.mp4{/flowplayer}