Porto e concello reúnense para desenvolver proxectos comúns

    VISITAPORTOCONCELLOcopy.jpgVILAGARCÍA> A apertura de Valle Inclán ou os usos do peirao do Ramal foron algúns dos asuntos que abarcaron Fole e Sagrario Franco na súa primeira xuntanza.

    {flowplayer}images/salnes/SAGRARIO_FRANCO_CONCELLO_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Trala posesión do seu cargo fai unha semana, esta mañá a Presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Sagrario Franco Malvar, visitou Ravella para comezar a traballar conxuntamente co novo goberno. Nese obxectivo de coordinación e colaboración entre administracións, ambas institucións iniciaron as tomas de contacto.

    Para determinalos usos do peirao do Ramal é necesario, tal e coma explicou Sagrario Franco, liberar ese espazo para o que estenderán a liña do ferrocarril ós muelles da zona sur. Este foi outro dos asuntos que abarcaron nesta primeira xuntanza e cuxo proxecto, cun orzamento de case seis millóns de euros, agardan comezar a executar no 2012.

    Non adiantaron cales serán os usos que lles darán ó Ramal xa que, confesaron, será unha decisión pactada cos sectores produtivos da cidade.

    Por último, tamén resaltaron a necesidade de crear novas zonas de aparcamento e de melloralo estado das xa existentes.

    Redacción Salnés

    Comments are closed.