O CEIP Viñagrande-Deiro inundouse esta mañá provocando a suspensión das clases

    VILANOVA> O colexio Viñagrande espertaba esta mañá cunha desagradable sorpresa para a súa comunidade educativa, unha cañería dun baño situado na planta superior rompeu, inundando así todo o piso principal. Unha situación que obrigou a suspender as clases. 

     

    Este venres alumnos, profesores e resto de comunidade do CEIP Viñagrande-Deiro atoparon ao chegar o cole a primeira planta do edificio convertida nunha piscina xigante, debido a unha inundación, que se provocou nun servizo da planta superior. 

    Neste centro estudan ao redor duns 120 rapaces, que esta mañá tiveron que ser recollidos polos seus pais debido ao perigo a que algunha baldosa do teito se desprendese, ou ocurrise calquer outro imprevisto. 

    Durante o verán este centro do foi sometido a unha serie de melloras, como o pintado das paredes, a colocación de rodapés, o cambio de portas. A maioría con cargo ao presuposto do centro. Agora será a Delegación Territorial de Educación a que deba mover ficha, e por iso este venres enviou a uns técnicos para valorar os danos. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/07/inundacion_cole_vilanova_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/07/inundacion_cole_vilanova.mp4{/flowplayer}