A Semana Santa de Noia convoca un concurso de carteis para futuras edicións

    NOIA> O venres dezaoito de marzo arrancarán as celebracións da Semana Santa en Noia. O programa inclúe seis procesións e numerosos actos litúrxicos que ademais da importancia relixiosa e tradicional supoñen un pulo económico para a vila como factor de atracción turística. As tres confrarías noiesas colaboran na organización das seis procesións que conforman o cartel da semana santa. Arrancará o venres dezaoito coa procesión da vires das Dores. O domingo pola mañá terá lugar a bendición de Ramos seguida da procesión da borriquiña, e xa pola tarde, tralos actos litúrxicos sairá a procesión de San Francisco e terá lugar a lectura do pregón a cargo do bispo auxiliar de Santiago, Jesús Fernández. A principal novidade será a convocatoria dun concurso de carteis de cara ó próximo ano para ilustrar a Semana Santa, polo que os interesados en participar poden aproveitar para realizar as súas fotografías nestas procesións. Ademais da importancia relixiosa e dende o punto de vista da tradición, a semana santa supón un forte pulo económico para Noia pola afluencia de visitantes que se desprazan ata a vila nestas datas. Por esta razón, o concello e Noia Histórica colaboran na organización de diferentes iniciativas. O obxectivo, nun marxe de dous anos, é conseguir a declaración da Semana Santa de Noia como festa de interese turístico galego.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí