Deporte e diversión para todos en Fexdega

    VILAGARCÍA> En FEXDEGA de Vilagarcía este mércores tivo lugar unha actividade moi especial,organizada polos alumnos do IES Miguel Ángel González Estévez, e dirixida o alumnado do Colexio de Educación Especial de Vilagarcía de Arousa, o centro ocupacional SAIAR, o centro BATA e a Asociación de Discapacitados Psíquicos Con Eles.

    A segunda Xornada Lúdico Deportiva para Persoas con Discapacidade celebrouse este mércores en FEXDEGA, en Vilagarcía. Unha actividade organizada polo alumnado do segundo curso do ciclo formativo “Técnico Superior en actividades físico deportivas” impartido no IES Miguel Ángel González Estévez de Carril, e dirixido o alumnado do Colexio de Educación Especial de Vilagarcía de Arousa, o centro Ocupacional SAIAR, o centro BATA e a Asociación de Discapacitados Psíquicos Con Eles. 

    Dentro de recinto habilitáronse diferentes estacións dónde os participantes foron coordinados polos alumnos do TSAAFD.

    Encarna é unha moza da Asociación Con Eles que participou na actividade… a ela o que máis lle gustou… salta a vista.

    Globofexia, maquillaxe, xogos populares, e taller con cans, entre outras actividades, foron as elixidas para esta xornada lúdica beneficiosa para todos.

    O acto rematou cuns bailes na zona musical e cun pequeno ágape co que despedir a segunda edición de esta actividade tan saudable para uns, e didáctica para outros.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/09/actividades_fexdega.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/09/actividades_fexdega.mp4{/flowplayer}