Educación inviste corenta mil euros en melloras no CEIP Praia Xardín

    BOIRO> A Xunta de Galicia está a investir corenta mil euros nunha serie de melloras no CEIP Praia Xardín de Boiro. As obras, que estarán rematadas durante o verán, consisten na reforma do comedor e dos patios así como a reparación da sala de profesores que resultou danada por unha inundación. A Consellería de Educación aproveita a tempada estival para acometer melloras nos centros educativos. Tan só na comarca do Barbanza estanse a investir preto de noventa e dous mil euros en catro centros: os institutos de Rianxo e da Pobra, o colexio Fernández Varela tamén na Pobra e o CEIP Praia Xardín que esta mañá visitaban o xefe territoral de Educación. Indalecio Cabana, e a delegada territorial da Xunta, Belén do Campo. O alcalde agradeceU as melloras nos patios e no comedor que se veñen sumar a outras actuacións asumidas polo concello como a reparación do peche perimetral ou o plan de mellora das zonas de lecer e deportivas que se está a executar en colexios de todo o municipio.