A conselleira de Infrestruturas destaca en Lousame a idoneidade do ‘bus compartido’

LOUSAME> A titular de Infraestruturas coñeceu tamén o funcionamento da nova aplicación, en fase de probas, que lle informará ós pais da chegada dos seus fillos ó colexio. Unha iniciativa que está a ser desenvolvida pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia e a consellería de Educación. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, coñeceu de primeira man o funcionamento do transporte compartido, nunha das rutas nas que os acompañantes dos escolares do autobús están a empregar tamén en fase de probas unha nova aplicación que reforza a seguridade dos nenos no transporte, que informará ós pais da chegada dos seus fillos ó centro de ensino. A titular de Infraestruturas valorou moi positivamente a posta en marcha do transporte compartido no seu primeiro ano de funcionamento en Galicia, que permitiu que máis de cen mil persoas puideran aproveitar as prazas baleiras dos autobuses escolares para facer os seus desprazamentos cotiás. Segundo ela a inicitiva é unha clara aposta da Xunta por un modelo de transporte público colectivo con máis servizos para os veciños e tamén máis eficiente e máis proveitoso para a sociedade.