Tres funcionarios pontevedreses citados como testemuñas na Operación Patos

PONTEVEDRA> Tres funcionarios do concello de Pontevedra son citados como testemuñas por varias obras investigadas na Operación Patos. Estas declaracións non preocupan no concello que asegura estar tranquilo e colaborar ao máximo coa xustiza. 

 

Dous traballadores do servizo de Intervención e un terceiro de Secretaría do concello pontevedrés declararán ante o xulgado de instrución número 1 de Pontevedra para aclarar tres das obras que foron adxudicadas á empresa Eiriña e que están a ser investigadas pola Operación Patos.

Os expedientes en cuestión  afectan as obras de reforma das rúas Avenida de Lugo e Santa Clara e a rehabilitación dun viario en Salcedo; e están sendo investigadas en relación a unha doazón da empresa construtora para a cabalgata de Reis.

O edil de Réxime Interior do concello tamén quixo expresar a súa tranquilidade tanto nesta causa coma no recurso da fiscalía de volver a abrir a causa que falaba dus supostos enchufes na empresa Cespa e que está arquivada provisionalmente por parte do xuíz. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/10/ponte_por_cespa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/10/ponte_por_cespa.mp4{/flowplayer}