A Policía reclama máis efectivos

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/15/concentracion_policia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/15/concentracion_policia.mp4{/flowplayer}

 

VILAGARCÍA> Os policías da Comisaría de Vilagarcía comezaron hoxe o primeiro paro convocado para protestar pola situación que se está a vivir na comisaría. Dende hai anos os axentes ven como se reduce o número de efectivo, e dende as administracións fan caso omiso da súa petición, da necesidade de aumentala. 

Tralos diferentes roubos acaecidos na parroquia de Rubiáns e os altercados propios dunha vila como a de Vilagarcía, os policías de esta comisaría arousá convocaron paros para hoxe e mañá, en sinal de protesta polo que consideran unha situación insostible.

A dirección da Policía desestimou a petición de aumentar nuns vinte efectivos máis a comisaría de Vilagarcía. Unha situación que a pesar das dificultades, segundo os propios axentes vaise levando a pesar de ter moitas carencias.

As comisarías de Vilagarcía e Marín son as máis afectadas polo reparto de 11 novos efectivos as comisarías da provincia. Novos axentes que non chegarán a comisaría arousá, a pesar de que os propios traballadores da mesma recoñecen un déficit de a lo menos vinte efectivos máis para garantir a seguridade cidadá dos vilagarciáns.