![]()
VILAGARCÍA> O Tribunal de Contas abre expediente a Ravella polo pago de algo máis de 200.000 euros en horas extra os traballadores do concello. A documentación que se solicita para comprobar estes datos corresponde a un período comprendido entre o ano 2011 e o 2012, cando o popular Tomás Fole estaba os mandos do concello.
O concello de Vilagarcía aparece na lista dos 23 concellos da provincia nos que o Tribunal de Contas localizou irregularidades…
O caso da capital da comarca de O Salnés é que no presuposto inicial de 2012 previñanse máis de 200.000 euros, entre produtividade e gratificacións. Alberto Varela, alcalde da vila mantén que se documentou debidamente esta situación e se comunicou que finalmente ese gasto atopábase dentro dos marxenes legais.
O ex alcalde da vila, Tomás Fole pide transparencia ao actual executivo local no tocante a este tema, e que se facilite toda a información necesaria.
{flowplayer img=http://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/15/horas_extra_villa.jpg}http://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/15/horas_extra_villa.mp4{/flowplayer}









