O Náutico de Portosín incorpórase á rede europea ‘Pasaporte por Escalas’

    PORTO DO SON> O Club Náutico de Portosín vén de incorporarse á rede europea de portos deportivos ‘Pasaporte por Escalas’, sumándose así ós quince náuticos galegos que xa forman parte da mesma. Tralas xestións desenvolvidas por Portos de Galicia no salón Náutico de París do pasado ano, as instalacións sonenses intégranse neste entramado internacional conformado por cento vinte portos de España, Portugal, Francia e Gran Bretaña con importantes beneficios para os seus usuarios. Permite o intercambio de prazas de amarre e outros servizos en calquera punto da rede, con facturación no porto de orixe. O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, destacou ademais a importancia do náutico de Portosín que mantén a bandeira azul dende hai vinte e tres anos.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí