O RC Deportivo asina un convenio coas escolas de fútbol de Boiro

    BOIRO> A escola de fútbol municipal de Boiro vén de asinar un acordo de colaboración co Deportivo da Coruña. No marco deste acordo, desenvolveranse accións formativas, competicións, campus e mesmo saídas para asistir ós partidos do primeiro equipo. Coa sinatura deste convenio oficialízase o convenio coas escolas de fútbol de Boiro e o Real Club Deportivo, que busca achegar a súa actividade a tódalas comarcas. O acordo contempla numerosas actividades de formación tanto de xogadores como de adestradores así como eventos lúdicos para os máis pequenos. Precisamente, este convenio supón un novo pulo para as escolas municipais que veñen de poñer en marcha un proxecto moi ilusionante. A este respecto, o alcalde de Boiro destacou a importancia deste acordo pola gran traxectoria e importancia histórica do Deportivo e a grande afección polo fútbol existente entre a mocidade boirense.