BOIRO> As obras de ampliación da casa da cultura de Boiro poderían estar rematadas a finais de ano. Así llo comunicaron os responsables da obra ó alcalde nunha visita realizada esta mañá á Cachada para comprobar o avance dos traballos.
A rehabilitación integral da casa da cultura da Cachada, un dos principais proxectos do goberno de Boiro, avanza a bo ritmo. Finalizada xa a instalación externa, os traballos centraranse agora no interior do inmoble, tanto na zona nova de paneis prefabricados como na parte xa existente que está a ser rehabilitada.
A coordinación entre varias empresas permitiu darlle o pulo defintivio ás obras que, de seguir a cumprir cos prazos previstos, estarán rematadas a finais de ano.
Con esta obra, o concello pretende dar cabida á gran oferta cultural da que dispón o concello cunha programación estable durante todo o ano que contarán, a partir de agora, cunha instalacións axeitadas.











