Ana Peleteiro, bronce mundial no seu regreso á alta competición

RIBEIRA> Bronce para Ana Peleteiro no seu regreso á alta competición. A ribeirense facíase co terceiro posto no campionato do Mundo de Pista Cuberta celebrado esta fin de semana en Glasgow.

Foi no quinto intento, cun salto de 14,75, mellor marca dunha atleta española en pista cuberta. Ademais de récord nacional, Peleteiro firmou con este saltoa súa mellor marca da tempada e a segunda da súa carreira deportiva, tan só por debaixo dos 14,87 metros que lle fixeron merecedora do bronce olímpico en Tokio.

Este triunfo evidencia a boa forma física da atleta ribeirense que volve situarse na elite mundial apenas un ano despois de ser nai.  

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí