O WPT e a Gala de Panorama, din adeus a Vilagarcía

    VILAGARCÍA> A gala de Panorama contra o cancro non se celebrará este ano en Vilagarcía. Despois de catro edicións consecutivas, o multitudinario evento para recadar fondos para a Asociación Española contra o Cancro trasládase ao aparcadoiro do estadio Reino de León, e celebrarase o vindeiro 7 de maio. O alcalde restaba importancia á marcha do evento, comparándoo con outros que deixan máis retorno na vila.

     

    Diferente é a visión do Partido Popular. O grupo municipal volveu criticar a xestión do socialista que, asegurou, supón un feroz ataque ás oportunidades de Vilagarcía. Para os populares, a vila está xa en pleno retroceso. Ademais, acusaron a Alberto Varela de frear o crecemento da cidade liquidando grandes eventos que se celebraban nela, e sinalárono como responsable directo de borrar a Vilagarcía do mapa do traballo, da cultura e do deporte, facendo un dano irreparable para o futuro da vila.

    O cambio de sé da Gala de Panorama prodúcese na mesma semana na que coñeciamos a marcha doutro gran evento de Vilagarcía: o World Padel Tour, que este ano escolleu a cidade de A Coruña. O Partido Popular tamén criticou con dureza este cambio, sinalando a xestión de Varela como responsable directa. Hoxe, o alcalde explicaba así esta marcha.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/18/varela_panorama_padel.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/18/varela_panorama_padel.mp4{/flowplayer}