CAMBADOS> O vindeiro mes de xaneiro do 2013 ampliaranse os festivos que poden abrir os comercios. Dos oito existentes en Galicia…
{flowplayer}images/salnes/festivos_comercio.flv{/flowplayer}
…. pasaranse ós 10,que son os mínimos que impón ó Goberno Central para ampliar a liberalización os horarios do comercios; podendo chegar noutras comunidades ata un máximo de 16 días.
Os comerciantes do Salnés aseguran que non será positiva esta medida xa que abondaba cos festivos que había arestora. É mais, o Presidente da Federación de Comercio do Salnés asegura que mesmo para as áreas comerciais non é rendible abrir os domingos posto que a xente só vai alí a pasar o tempo. En canto ó horario comercial nos días laborables ampliase das 12 horas diarias e 72 semanais,de luns a sábados, ás 15 horas diarias que suman unhas noventa semanais.
Desde a Federación de Comercio do Salnés entenden que o horario actual é o suficientemente amplo para facilitar as compras, pero conviría adaptalo ós hábitos de consumo en cada estación. E respecto ó comezo das rebaixas nas Rías Baixas os primeiros días están a ser ben frouxiños; posto que de novo neste verán, moitos comercios volveron a poñer rebaixas encubertas e anticipadas, co que desvirtuaron de novo as propias rebaixas.
Redacción Salnés