O porto de Combarro xa presume de bandeira azul

    POIO>  Jose Juan Durán visitou esta mañá Poio para proceder ó izado da bandeira azul do porto de Combarro, acompañado do alcalde Luciano Sobral.

    {flowplayer}images/salnes/IzadoBandeiraCombarro_050702.flv{/flowplayer} 

    A Bandeira Azul xa loce no porto deportivo de Combarro. Un distintivo que recoñece principalmente a calidade das augas, a xestión medioambiental, a seguridade e os servicios ofrecidos. Co de Combarro son 14 os portos de Galicia que posúen Bandeira Azul, un recoñecemento moi buscado durante anos pola súa empresa concesionaria, Combarromar.

    O porto de Combarro conta con 335 prazas, das cales, ó redor dun 30% están reservadas para o tránsito do turismo náutico. Un turismo, sobre todo estranxeiro, que comezou a chegar nestes primeiros días de verán e que se pretende potenciar dende o concello.

    O presidente de Portos de Galicia felicitou tanto a Cameáns como a Luciano Sobral pola consecución desta Bandeira Azul. Asimesmo, Durán sinalou que dende o organismo que el preside, estase a traballar para que outros seis portos da comunidade poidan obter este distintivo en 2013.

    Redacción Salnés