Ocupación do 100% en Vilanova

    VILANOVA> En Vilanova, tamén están satisfeitos cos datos que está deixando na vila o turismo. O alcalde sinalaba esta mañá que a gran maioría dos establecementos hoteleiros, dende campings ata apartamentos, colgaron o cartel de cheo.

     

    Atopar un aloxamento en Vilanova a estas alturas é case unha misión imposible. Segundo o alcalde, a maioría dos establecementos colgaron o cartel de cheo. Incluso os campings.

    Para Durán, este verán pode marcar o fin da crise. Satisfeito antes a cantidade de turistas que escollen Vilanova para pasar as súas vacacións. Pero a súa intención é seguir mellorando.

    Con esta intención, non podían deixar pasar a oportunidade que lles ofrece esta ponte. Durante os tres días, Vilanova ten en marcha a súa Festa do Mexillón e a Feira de Oportunidades dos comerciantes da vila. Dúas propostas para incrementar o seu atractivo para veciños e visitantes.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/12/vilanova_balance_visitas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/12/vilanova_balance_visitas.mp4{/flowplayer}