O concello de Noia acometerá reformas na aula CEMIT

    NOIA> O avanzado estado de deterioro do edificio do Casino de Noia está a afectar á aula Cemit, situada no baixo do inmoble. Os problemas de humidades e filtracións de augas obrigaron ó executivo a deseñar unha actuación de reforma que permita volver a poñer en marcha as instalacións. A Aula Cemit de Noia, emprazada no baixo do Casino de Noia, presenta numerosas deficiencias. As filtracións provocaron a caída do falso teito dunha aula polo que o concello pretende acometer unha actuación urxente para frear o seu deterioro. Por outra banda, o executivo traballa xa no deseño dunha programación estable para este servizo xa que ata o momento non se dotaron as instalacións de actividade continuada O obxectivo do goberno local é convertela nun aula de referencia que acolla accións formativas durante todo o ano.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí