BOIRO> A ANPA Torre de Goiáns do CEIP Santa Baia de Boiro organiza unha xornada sobre TDAH. Será o 27 de xaneiro ás oito da tarde na casa da cultura da Cachada e está aberta a toda a cidadanía.
O incremento de casos de nenos con necesidades especiais animou á ANPA Torre de Goiáns, do Santa Baia de Boiro, a organizar un ciclo de charlas sobre distintos trastornos que afectan á poboación infantil. Tras unha primeira xornada dedicada ó trastorno do espectro autista, agora van desenvolver unha xornada sobre TDAH.
Estará impartida polas psicólogas Claudia Balado e Sara Martín que tentarán derrubar mitos ó redor dos nenos e mozos que padecen trastorno do déficit de atención a través do coñecemento.
Os interesados en asistir non teñen máis que achegarse ata a casa da cultura da Cachada o vindeiro venres 27 ás oito da tarde.