APECO ofrece un servizo de asesoramento gratuíto sobre cláusulas chan

    POBRA> A Asociación do Pequeno Comercio da Pobra ofrece un servizo de asesoramento gratuíto sobre as cláusulas chan das hipotecas. O bufete de avogados Ínsua Vidal realiza unha análise das escrituras do préstamo co fin de recuperar o diñeiro con carácter retroactivo. É un servizo aberto a toda a cidadanía, non só ós asociados. As abusivas cláusulas chan incluída pola maior parte das entidades financeiras nos préstamos hipotecarios poden supoñer para os seus titulares unhas perdas de entre cento cincuenta e cincocentos euros ó mes. Co obxectivo de poñer fin a estas prácticas, a asociación do pequeno comercio da Pobra habilitou un servizo de asesoramento non só para asociados senón tamén para todos aqueles cidadáns anónimos que busquen orientación xurídica. O bufete de avogados Ínsua Vidal é o encargado de realizar o estudo pormenorizado de cada caso, buscando en todos eles a posibilidade de recuperar o diñeiro indebidamente percibido pola entidade bancaria con carácter retroactivo. Os interesados en beneficiarse deste servizo, totalmente gratuíto, poden solicitar información na tenda escola O Deán, onde lles remitirán ó gabinete xurídico encargado do asesoramento.