Amaral, Coti e Heredeiros da Crus principais atractivos da oferta estival en Noia

NOIA> A concellería de Cultura presentou a programación deseñada para os meses de xullo e agosto.  Baixo o lema ‘Vive o Verán. Cultura segura’, a oferta cultural será ampla e do máis variada, para satisfacer a todo tipo de públicos.

O departamento de Cultura de Noia fixo este ano un gran esforzo e unha aposta importante pola dinamización cultural da vila. Baixo o lema ‘Vive o Verán. Cultura segura’, o departamento que dicixe Pepe Pérez programou máis de trinta e cinco actuacións para os meses de xullo e agosto, con concertos e actuacións tan destacadas como é o caso de Amaral, Shinova ou Coti, entre outras.

Pero non só iso, o departamento de Cultura noies deseñou tamén un variado programa no que se incluirán actividades para familias, Iso sen esquecer tampouco outros atractivos coma o festival de danza Propulsa, o certame de pintura o aire libre Juan José Fernández Leiceaga, os festivais de arpa e jazz ou o encontro de bandas urbanas.

A seguridade será ademais unha premisa fundamental e todos os eventos organizados serán con control de capacidade dada a situación covid, polo que haberá que reservar invitación a través do correo electrónico culturaconcellodenoia@gmail.com.

Toda a información e as novidades do programa estarán a disposición dos usuarios que o desexen a través das propias redes sociais do departamento de Cultura.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí