O Parque Comarcal de Bombeiros de Boiro realizou preto das 460 intervencións en 2022

BOIRO> Un total de 458 intervencións. Este é o balance das actuacións realizadas polos bombeiros do Consorcio provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro ó longo do pasado ano 2022.

O número de actuacións subiu nun 28% con respecto ó exercicio anterior, sendo ademais o ano con maior número de intervencións dende a apertura do parque en 2004.

Por tipoloxías, as intervencións máis numerosas foron realizadas en accidentes de tráfico, cun total de 51; séguenlle por esta orde, incendios en vivendas e anexos, un total de 44, e incendios en vehículos, 20. Tamén destacaron os 18 rescates de persoas e 14 intervencións en incendios de interfase urbana-forestal e 2 industriais.

Os meses do verán son ademais o de maior concentración de sucesos, e os de maior traballo para o persoal do parque.

De cara a este ano, dende o posto de Boiro insisten en que tratarán de incidir no tema da prevención, especialmente con campañas a escolares.

Dende o parque comarcal destacaron tamén a implicación de todo o cadro de persoal, non só da base de Boiro, senón tamén de todo o Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, que co seu esforzo fixo posible dar o mellor servizo ós veciños durante o pasado ano, algo que, se é necesario, agardan seguir facendo ó longo deste 2023.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí