A asociación de empresarios de Ribeira reparte 4500 euros en vales de compra

RIBEIRA> A sede da asociación de empresarios de Ribeira acolleu o sorteo ante notario da campaña comercial de Nadal na que se repartiron un total de 120 mil participacións que supoñen máis dun millón  douscentos mil euros de negocio no comercio local.

Os afortunados recibirán un total de 4500 euros en vales de compra a gastar nos comercios adheridos á campaña. Xa poden consultar o listado de premios na web da patronal.

O presidente da asociación quixo agradecer a implicación dos distintos establecementos locais así como da cidadanía que neste ano tan difícil para o sector optou polo comercio de proximidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí