Quintana visita as obras das rede ferroviaria de O Ferrazo

    VILAGARCÍA> A Conselleira de mar visitou hoxe as instalacións do porto de Vilagarcía, e coñeceu o estado das obras de extensión da rede ferroviaria da Autoridade portuaria ao peirao de Ferrazo. 

     

    A conselleira do Mar visitou este martes a terminal de contedores do porto de Vilagarcía. Unha instalación na que se rexistran o 25% dos seus tráficos co movemento de máis de 250.000 toneladas no ano 2015.

    Durante a visita a conselleira tamén puido coñecer o estado das obras de extensión da rede ferroviaria da Autoridade Portuaria ao peirao de Ferrazo. Coa finalización destas obras todos os peiraos comerciais da Autoridade portuaria disporán de conexión ferroviaria propia, o que optimiza a intermodalidade marítimo-ferroviaria. 

    A conselleira estivo acompañada pola presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Sagrario Franco, quen non escatimou en ensinarlle, a responsable da carteira do Mar, as instalacións da Autoridade Portuaria, onde posteriormente a visita das instalacións mantiveron unha reunión a porta pechada. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/22/visita_conselleira_quintana.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/22/visita_conselleira_quintana.mp4{/flowplayer}