NOIA> Noia converterase esta fin de semana na sede do tenis de mesa posto que acollerá os campionatos galegos xuvenil e sénior neste deporte. Agárdase que máis dun cento de xogadores asistan á cita deportiva que se celebrará no pavillón Rosalía de Castro o sábado e domingo. O éxito acadado polos campionatos benxamín e sub-23, celebrados o pasado ano en Noia, fixo que a federación galega de tenis de mesa volvera apostar pola vila para acoller, desta volta, os campionato galego absoluto. Desputaranse o sábado e o domingo a partir das nove da mañá e agárdase a participación de máis dun cento de xogadores. A organización conta coa inestimable colaboración da Sociedade Liceo, entidade que aposta pola promoción deste deporte dende a base. Co obxectivo de atraer a máis xente, mañá instalaranse varias mesas de pin-pon na alameda para que os afeccionados poidan xogar ou iniciarse na práctica desta modalidade deportiva.
Inicio Barbanza - Muros - Noia