![]()
CAMBADOS > Deputación de Pontevedra e Concello de Cambados reclaman á Xunta máis apoio para a ampliación do polígono de Sete Pías. Así o fixeron saber os seus responsables durante a inauguración das novas instalación de Conservas e Elaborados Guau na área industrial cambadesa. Neste acto tamén estaban a delegada provincial de Innovación e o secretario xeral de Estructuras e Mercados da Pesca.
Tras unha traxectoria de 70 anos dedicados en exclusiva ás conservas de peixe e marisco, a empresas Conservas e Elaborados Guau amplía agora o seu negocio ó peixe conxelado. O venres inaugurouse no polígono de Sete Pías en Cambados as novas instalacións da factoría, que posibilitarán a ampliación do catálogo de produtos da compañía.
En poucos meses prevese a saída ó mercado de produtos con diferentes presentacións, en toros e filetes de peixe, ou aneis de calamar. En pequenos grupos, a empresa foi amosando as súas instalacións, compostas por unha sala de elaboración, na que se descarga e coce o produto, cunha capacidade de procesamento de 15 mil toneladas ao ano de produto. Na área de procesado contan cunha cinta de limpeza e corte de atún na que traballan unhas cincuenta mulleres. Na área de peche dispoñen de maquinaria para cerrar latas e vidro de diferentes formas e tamaño.
De aí van á zona de esterilización que na que se garante a calidade dos envasados, cun límite de consumo
preferente de ata 5 ou 6 anos. Antes de saír ó mercado os produtos elaborados por Guau descansan neste almacén. A inauguración das instalacións contou coa presenza de autoridades locais, provinciais e autonómicas, que loaron a traxectoria da empresa e principalmente a súa aposta pola innovación e a calidade. Máis se cabe, cando a maior parte do cadro de persoal son mulleres.
No acto tamén estiveron o alcalde de Cambados e o presidente da Deputación que tamén loaron o traballo de Guau. Sen embargo nos seus discursos non deixaron escapar a oportunidade de reclamarlle ás autoridades autonómicas apoio para a ampliación do polígono.
Redacción Salnés









