Meaño conta con 2,8 millóns de euros de orzamento no 2013

    MEAÑO> O Concello de Meaño contará no 2013 cun orzamento de 2.833.000 euros; un presuposto inferior ós anos anteriores,…

    {flowplayer}images/salnes/lourdes_ucha_presupostos.flv{/flowplayer}

    … acorde ós tempos de crise que vivimos. Este Concello do Salnés volve a ser dos primeiros en elaborar este documento económico malia non saber aínda de certo cal vai a ser a posible achega que lle corresponda doutros gobernos como o central ou o autonómico.

    Estes cartos serán destinados na súa maioría ó mantemento das políticas sociais e de benestar; especialmente para axudar a aquelas familias que non conten con recursos dabondo para subsistir.

    Unha vez cubertas as necesidades básicas da poboación, o executivo local que lidera Lourdes Ucha centrara os seus esforzos na ampliación do Centro Social de Maiores de Meaño, na mellora de certos camiños de Meaño e nestas actuacións básicas.

    De novo este ano, Meaño conta con superavit polo que descarta ter que acudir a ningunha operación crediticia para desenvolver accións no seu Concello.

    Redacción Salnés