Blanco e Davila estrean ‘Menú da noite’

    VILAGARCÍA> Este sábado, o humorista Carlos Blanco e o debuxante Luis Davila servirán en Vilagarcía o seu peculiar Menú da Noite. A parella estreará na capital arousá a súa nova obra, na que volven mesturar os monólogos de Blanco coas ilustracións de Dávila. Con máis de 500 entradas anticipadas vendidas, parece que van repetir o éxito do seu traballo anterior, Menú do Día. Tanto que o concello xa anunciou unha nova función para o sábado ás dez e media da noite.

    O Menú da Noite de Carlos Blanco e Luis Davila estréase este sábado por todo o alto en Vilagarcía. Os dous humoristas encherán o auditorio co seu Broadway de Furancho, unindo os monólogos de Blanco coas ilustracións de Davila.

    Con esta nova obra, o dúo quere repetir o éxito colleitado por Menú do Día. A súa primeira proposta foi vista por máis de 50 mil espectadores de toda Galicia, pero tamén colleitaron éxitos en Londres e Edimburgo.

    Polo de momento, parece que o éxito está garantido. Xa hai máis de 500 entradas anticipadas vendidas para o sábado ás 8 da tarde, e o concello xa programou un segundo pase para las 10.30.

    Blanco e Davila preestrearán a obra no auditorio de A Illa de Arousa. Unha sesión para a que as entradas xa están esgotadas. Para a estrea en Vilagarcía, os pases están á venda en Ticketea, con prezos de 8, 10 e 12 euros.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/28/ptac_menu_noite.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/28/ptac_menu_noite.mp4{/flowplayer}