Empeza o xuízo polo asasinato do veciño de Chancelas

PÒNTEVEDRA> Unha das coidadoras acusadas do asasinato do octoxenario de Poio que morreu a golpes, na súa vivenda de Chancelas en febreiro de 2014, recoñeceu na primeira sesión do xuízo, celebrada hoxe na audiencia de Pontevedra,  que ambas procesadas foron as autoras da morte do home. 

 

Rocío Gondan e Albertina Táboas son as dúas únicas acusadas polo asasinato de Secundino Prego, un octoxenario do lugar de Chancelas en Poio, que morreu a golpes a noite do 2 de febreiro do 2014.

Hoxe na Audiencia Provincial de Pontevedra unha das dúas acusadas, confesou no xuízo que ambas procesadas foron as autoras da morte do ancián. 

Rocío Gondan alega que foi a autora dos numerosos golpes que Secundino Prego recibiu, pero que actuou baixo as ordenes da outra acusada. 

Pola súa banda, a outra acusada, Albertina Táboas, negou a súa participación no asasinato para facerse coa herdanza do finado, e ademais xustificou os seus lapsus de memoria con respecto o que sucedeu aquel 2 de febreiro, explicando que teñen que ver coa enfermidade dexenerativa que padece dende hai uns quince anos. 

Secundino Prego tiña dous fillos; Eduardo e Ana, que se acudan neste xuízo como a acusación particular. Tanto o Fiscal como a acusación particular solicitan 20 anos de cárcere para cada unha das acusadas por homicidio. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/28/xuizo_asasinato_chancelas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/28/xuizo_asasinato_chancelas.mp4{/flowplayer}