![]()
VILAGARCÍA> O BNG de Pontevedra estivo este xoves, segundo eles mesmos resaltaron, na vila histórica de Carril para poñer de manifesto a importancia da ría máis importante de Galicia, e da que tantas persoas viven directa e indirectamente. O candidato nacionalista por Pontevedra Luis Bará estivo acompañado, nesta ocasión, por algúns dos membros da súa lista.
O peirao de Carril foi o emprazamento elixido para presentar a candidatura do BNG pola provincia de Pontevedra. O candidato Luís Bará estivo arroupado por rostros coñecidos do partido e da lista autonómica. Montse Prado, número 2 da lista de Bará, avogou a vontade política.
Montse Prado, Lucía César Veloso, Elena Vilas e Xavier Rodríguez Paz arrouparon ao candidato, segundo eles din, neste tempo novo que comeza dende xa. Un tempo de preelectoral no que a campaña, segundo Bará será ambiciosa, e na que o “BNG xogará na casa”.
Os partidos políticos da comunidade comezan este xoves a conta atrás para que os comicios autonómicos revelen quen será o próximo habitante de Monte Pío durante os vindeiros catro anos.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/25/ptac_candidatura_bng_salnes_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/25/ptac_candidatura_bng_salnes.mp4{/flowplayer}







