Vilanova Centro solicita ño concello a reordenación do tráfico no casco vello

    VILANOVA > Os responsables da asociación de comerciantes Vilanova Centro reuníronse co alcalde Gonzalo Durán, co edil javier Tourís e co xefe da Policía Local para trasladarlles distintas peticións. Entre elas que reordene o tráfico no casco vello e que se instalen novas cámaras de videovixilancia.

    Os comerciantes de Vilanova pediron ó rexedor do municipio o cambio de dirección dalgunhas rúas do casco urbano para aumentar o número de zonas de aparcamento na vila e facilitar o acceso ós establecementos. O alcalde, acompañado polo xefe da Policía Local, Joaquín García, amosouse accesible e estudará o informe encargado para avaliar a situación das rúas Curros Enríquez, Estanislao Peña e dos viais da zona da Pastoriza e o Castro antes de tomar unha decisión en firme.

    Tamén lle trasladaron a petición de incrementar o número de cámaras de videovixilancia para acabar cos roubos que se producen ultimamente na comarca do Salnés. Unha petición á que Durán accedeu na medida das posibilidades económicas das arcas. Ademais o alcalde recibiu un borrador de proposta dos comerciantes no que se fala dun posible consorcio de explotación da praza de abastos que quedou pendente de estudo.

    Redacción Salnés