VILAXOAN> As vacinacións continúan en Galicia pero hoxe temos a tres protagonistas cunha historia curiosa. Son irmáns trixemelgos de 83 anos esta tarde vacináronse en Vilagarcía. Os irmáns mostráronse contentos de poder acudir xuntos á cita tras un ano de moito medo sen case poder verse.
O proceso de vacinación en Galicia continúa entre os maiores de 80 anos. Por orde alfabético, pouco a pouco, os máis maiores van recibindo a inmunidade. En Vilaxóan, hoxe foron citados tres irmáns de 83 anos, coa curiosidade de seren trillizos. A cita a tiñan as 6 da tarde e afrontaron a xornada con moitos nervios.
Os irmáns aseguran que a vacina daralles algo de tranquilidade despois dun ano moi complicado.
Os tres están chamados á mesma hora, para eles é unha gran ilusión.
Esta ilusión acrecéntase despois dun ano no que apenas puideron verse.
A vacina é unha luz de esperanza para uns irmáns que pasaron momentos moi complicados durante toda a súa vida. Naceron durante a Guerra Civil, perderon ao seu pai antes de nacer, a outra irmán vinte anos despois e agora sufriron o medo provocado pola pandemia. Todo o superaron xuntos e sen perder a alegría.