Visto para sentenza o xuízo contra o ex alcalde de Rianxo

    xuizopedropineiro100.jpgRIANXO> Este venres celebrouse a última vista que contou cun testemuño clave, o do ex arquitecto municipal, Manuel Feijeiro.

    {flowplayer}barbanza/xuizopedropineiro.flv{/flowplayer}

    Na súa declaración, Manuel Freijeiro, quen exercía como arquitecto do concello de Rianxo cando se concedeu a licenza ó taller de pedra Ramos explicou que o informe favorable dependía dunha autorización da Dirección Xeral de Minas que non chegou a facerse efectiva.

    Segundo o seu testemuño, o técnico municipal trasladou en varias ocasións as súas dúbidas sobre o procedemento tanto ó ex alcalde, Pedro Piñeiro, como á ex concelleira de Urbanismo, Marisa Resúa. Xunto a eles están tamén imputados os ex edís, Xosé Vicente Figueiro, Jesús Piñeiro e Santiago Fernández así como o propietario do taller, José Ramos.

    As acusacións do ex arquitecto súmanse ás do ex secretario municipal, José Juan Vidal, que tamén declarou que a comisión de goberno concedeu a licenza sen o seu visto bo.

    Os imputados, pola súa banda, negan as acusacións e consideran que a intención dos técnicos é eludir as súas responsabilidades neste proceso.

    A fiscalía solicita catorce meses de prisión para os ex responsables municipais por un suposto delito de prevaricación e dous anos para o propietario do taller por un delito de desobediencia. A defensa pide a libre absolución por consideran que non houbo intencionalidade delitiva na súa actuación.

    Redacción Barbanza