Doce anos de cárcere para o acusado do atraco á gasolineira Agro do Forno

RIBEIRA> A Audiencia da Coruña vén de condenar a doce anos de cárcere a un dos acusados de atracar e disparar a un empregado da gasolineira  Agro do Forno, en Ribeira. O tribunal decidiu absolver ao outro acusado ó non poder probar a súa implicación nos feitos.

Doce anos e dous meses de cárcere. Esa é a condena ditada pola sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, para un dos dous sospeitosos de atracar a gasolineira Agro do Forno en Ribeira en xaneiro de 2019. Os xuíces absolveron ó outro acusado ao non quedar probada a súa participación nos feitos.  O tribunal si considera acreditado que o condenado disparou nunha perna ó empregado da estación de servizo á que se desprazou nunha motocicleta que subtraeu previamente dunha vivenda. Á vítima do disparo, que tiña 22 anos, quedáronlle graves secuelas, polas que o procesado deberá pagarlle unha indemnización duns 82 mil euros. Os maxistrados considerárono culpable dun delito de roubo con forza en casa habitada e doutro de roubo con violencia, coa agravante de disfrace, así como dun delito de lesións con deformidade, coa agravante de aleivosía, e doutro de tenencia ilícita de armas, coa concorrencia da atenuante de drogadicción.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí