A marea vermella pecha as rías de Pontevedra, Muros e parte de Arousa

    RIANXO> O avance da marea vermella obrigou ó peche de varios polígonos na ría de Arousa. A toxina afecta, polo momento á zona sur, aínda que en Arousa Norte miran con preocupación a evolución deste novo episodio tóxico que podería comprometer a campaña de verán. Malia que o presente ano non se caracteriza pola presenza de toxina nas rías galegas, finalmente a marea vermella fixo a súa aparición obrigando ó pehce total dos polígonos en Pontevedra, MurosNoia e parte de Arousa. Polo momento, son as bateas do Grove as que permanecen pechadas aínda que non descartan o avance da toxina cara o norte afectando a máis polígonos. Aínda que o peche parcial beneficia ós polígonos que continúan aberta, xa que experimentan unha maior demanda de bivalvo, dende Rianxo agardan que remita canto antes a toxina para retomar a actividade en toda a ría.